Farmacia: C-397-F

info@farmaciagarciapravos.com

Temas

Outro amigo poeta.

20/11/2015 · Anécdotas de la farmacia

Outro escritor entre os nosos amigos¡ Está claro que Vista Alegre inspira ós poetas. Hai un tempo falabamos da nosa amiga Concepción, mestra e poeta. Hoxe falamos de MANUEL GRAÍÑO RODRÍGUEZ, un home polifacético (ATS, mestre, graduado social...) que descubríu tardíamente a súa vocación lírica. Ten publicados algúns poemarios. Entre eles, "Donde el viento reza" e "Poemas de un peregrino". Todas as obras están ilustradas e caligrafadas polo propio autor. Nelas, Manuel verte a súa sensibilidade en temas como o paso do tempo, a perda dun ser querido, as rúas de Compostela...con referencias constantes á mitoloxía clásica. Parabéns a Manuel e esperaremos que pola farmacia non tarde en aparecer outro poeta. Será Vista Alegre un barrio bohemio e cheo de artistas?

¡Compártelo!

¿Tiene alguna duda?
981 583 079